Guitarra española e coros
Iniciou os seus estudos musicais da man de Amadeo Neira en Ribadavia (Ourense) e obtivo o Grao Superior de Guitarra no Conservatorio da Coruña. Asistiu a cursos de interpretación e perfeccionamento con concertistas como o laudista Paul Ou'Dette e os guitarristas Margarita Escarpa, Álex Garrobé, Marco Socías, Ricardo Gallén, Joaquín Clerch, Carles Trepat, Carlo Marchione ou David Russell. Realizou numerosos concertos e gravacións, tanto na modalidade de solista como en música de cámara e diversas agrupacións. En 2008 realizou unha serie de concertos coa soprano portuguesa Liliana Nogueira sobre música orixinal para voz e guitarra do século XX. Desde 2010 actúa regularmente co cuarteto Azosso, dedicado á música contemporánea e compaxina estas actividades co traballo como profesor de guitarra no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.