Requiem de Jose Carballido é un musical para grupo de rock progresivo e coro clásico. Na súa interpretación participan seis instrumentistas, un coro de dez persoas e tres actores en directo, ademais proxéctanse imaxes que complementan todo o que sucede sobre o escenario. Con todos estes elementos Requiem preséntasenos como unha obra multidisciplinar, vanguardista, cargada de emocións, e moi atractiva desde o punto de vista musical e cultural.
Argumento
Nun país cualquera, nunha época indeterminada, unha parella de amantes rompe cando un deles morre, deixando tras de si unha profunda dor… Despois deste duro revés o amante vivo, destrozado, pregúntase por que ten que sufrir tanto e empeza a dubidar da súa Fe. Cando un suposto Deus recoñece que foi o responsable da morte, o amante vivo, acendido en ira, pídelle que traia de volta o seu amor. Deus di non poder facelo, mais permite aos amantes unha última conversa. Tras un diálogo cheo de sentimento o amante morto pídelle ao vivo que morra para poder estar xuntos de novo, co cal o vivo decátase de que todo foi un engano por parte de Deus. Xusto neste punto de desesperación descóbrese a realidade: todo foi un soño e a súa vida en común pode continuar. Pero a morte sempre asexa...
Personaxes
A voz solista encárgase de narrar a acción e do papel do amante vivo; o coro apoia a narración e representa o papel de Deus (textos en castelán) e Morte (textos en alemán). A historia compleméntase coas aparicións da amante e dos sicarios da Morte en directo.
Disco
O doble Cd “Réquiem”, de case 1 hora 40 minutos de duración, saiu en Agosto do 2010 a través da discográfica Musea Records. Obtivo unha nominación a mellor disco debut nos prestixiosos premios ProgAwards.
Intérpretes
Jose Carballido: composición, arranxos, guitarra eléctrica , española e voz solista.
Diego Lestón: batería.
Román Suárez: teclado.
Daniel Añón: guitarra eléctrica.
Lalo Carnota: baixo eléctrico.
Zahily Docal: frauta traveseira.
Coro
Cantantes do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Actores
Directo: Rosa Martínez, Omar Díaz, Zeus Díaz.
Vídeo: Lucía Sánchez, Alberto da Sinda, Jose Carballido, Daniel Añón, Marcos Mahía.
Dirección de Arte: Rosa Martínez.
Dirección Vídeo: Iago Prada