Baixo eléctrico
Profesor de guitarra e baixo eléctricos na Escola Municipal de Música da Coruña. Estudou no Conservatorio Superior de Música da Coruña onde obtivo a titulación de profesor na especialidade de trompeta. Cursou a distancia estudos de Performance en baixo eléctrico na universidade Guildhall School of Music and Drama de Londres, obtendo a titulación LGSMD (P). Desenvolve unha variada actividade musical, especialmente no campo do jazz e o rock. Como baixista acompañou en diversas ocasións a músicos como: Willy de Ville, Kenny Wheeler, John Taylor, Scott Stroman, Cennet Jonson, Niké Illes, Jean Toussaint e Brian Abrahams, entre outros.