Diego Lestón

Batería

Comeza os seus estudos de batería e percusión no ano 1996 co profesor Paco Ruiz na Coruña. É en 1998, na mesma cidade, onde pasa a formar parte do grupo de rock Mízar. Consegue con esa formación gañar o certame Aguillolo Rock 2002 así como o segundo premio do Certame Musical de Ordes en 2003 (A Coruña). Desde o ano 2010 prepara concertos didácticos para explicar aos máis novos a historia e funcionamento dalgúns instrumentos de percusión, xunto con Jose Carballido e Daniel Añón. No ano 2005  é cando comeza a participar como colaborador nalgúns dos proxectos do músico e compositor Jose Carballido, con quen xa coincidira en Mízar, levando a cabo a interpretación de Réquiem e Khítara, como baterista e percusionista respectivamente.     

       

Leston3.jpg


 Mail: info@josecarballido.com             Contratación: Plancto xestión cultural +34 616 858 321  amos@planctoxestioncultural.com