Khitara é unha agrupación cunha concepción instrumental bastante afastada do convencional: dúas guitarras eléctricas, dúas clásicas, e instrumentos de percusión debuxan unha sonoridade moi orixinal na que a dozura e amabilidade dos instrumentos clásicos contrastan coa potencia e enerxía das guitarras eléctricas fusionándose, porén, nun proxecto cheo de matices.
Cada tema que Khitara interpreta soa íntimo, cercano, acústico e está aderezado con arranxos moi coidados nos que Carballido explota ao máximo cada instrumento.
O repertorio interpretado por Khitara abrangue desde temas orixinais de Jose Carballido ata versións de clásicos do rock reinventados para esta orixinal formación. Algúns dos grupos que reinterpretaron ou reinterpretan na actualidade son: Deep Purple, Led Zeppelin, Cream, Boston, Queen, Guns and Roses, Metallica...
Todo isto unido á extensa formación de cada un dos instrumentistas garantiza un espectáculo de altísima calidade no que cualquera amante da música desfrutará dunha sonoridade tremendamente agradable.
Intérpretes:
Jose Carballido: voz solista, guitarra eléctrica, composición e arranxos.
Mónica Pita e Xosé Antonio Rodríguez: guitarras clásicas e coros.
Daniel Añón: guitarra eléctrica e coros.
Diego Lestón: percusión e coros.