Mavros é un dúo de guitarras formado por Jose Carballido e Daniel Añón, no que ambos músicos pretenden achegar o repertorio da guitarra española a públicos tradicionalmente alonxados deste tipo de música. Para acadalo, o programa que elixiron está integramente formado por obras do século XX y XXI, cunha linguaxe moderna e atractiva mesmo para os públicos menos afeitos á música clásica.
Ademais, incluiron no seu programa un arranxo de música popular moderna realizado por Daniel Añón, co obxectivo de facer aínda máis suxerente o repertorio e unha obra de Jose Carballido que conxuga a linguaxe máis moderna con pasaxes máis tonais e próximos. En conxunción con todo isto, a parte visual, como en todos os proxectos de Jose Carballido,ten un papel moi importante tendo sido Rosa Martínez a encargada da dirección de arte.
O programa que Mavros está presentando na actualidade está formado polas seguintes obras:
Tonadilla (Joaquín Rodrigo)
Tango suite (Astor Piazzolla)
Adiós nonino (Astor Piazzolla)
Música incidental campesina (Leo Brouwer)
No quarter (John Paul Jones, Jimmy Page e Robert Plant- arranxo de Daniel Añón)
Néboa (Jose Carballido).